Establecemento de orixinal decoración situado no núcleo comercial e peonil do centro da cidade, con terraza a dúas rúas. Os seus innovadores pratos, que se cambian cada tres meses, poden acompañarse dunha ampla e selecta variedade de viños e cervexas.
Desde tapas orixinais elaboradas con produtos locais a outras máis internacionais, isto é o que ofrece a súa carta. As presentacións dos seus pratos son coidadas e singulares e poden gozarse tanto no interior do local como na súa relaxada terraza, aberta á zona peonil.