Pequeno establecemento nunha rúa peonil que ofrece pizzas enteiras ou por racións elaboradas artesanalmente, coa característica diferencial de que o queixo que se engade é da denominación de orixe Arzúa-Ulloa.
Este establecemento está situado nunha rúa peonil e tranquila, cun ambiente familiar. Ofrece variados produtos como os cachorros quentes e os deliciosos mollos naturais de froitas.
Situado nunha das principais prazas da vila, nunha zona peonil e tranquila cun ambiente familiar e acolledor, aquí poderán gozar das receitas dun clásico das pizzas.
Localizado no Centro Comercial, en pleno centro de Vilagarcía, leste é establecemento cun ambiente familiar. Entre os seus produtos destacan a popular Whopper.
Situado no centro Vilagarcía, á beira do recinto feiral Fexdega, esta franquía ofrece promocións como a garantía de que se a pizza non está lista para recollela na hora pactada, regálanlla. Tamén é un bo lugar para celebrar aniversarios.
Situado na zona de paso do porto deportivo de Vilagarcía, cunha ampla terraza exterior e unha gran zona infantil, ofrece a posibilidade organizar festas de aniversarios.