Este restaurante familiar de corte tradicional posúe unha variada carta de peixes e mariscos de primeira calidade. A súa longa traxectoria radica nun bo produto con elaboración sinxela, xunto co seu servizo discreto e amable. Conta cunha agradable terraza na Alameda de Vilagarcía.
Un singular edificio de madeira, construído sobre pilotes na dársena do porto deportivo, acolle este bar e restaurante decorado ao máis puro estilo náutico. A súa terraza é un fantástico miradoiro sobre a ría. Ofrece unha ampla e variada carta baseada na cociña tradicional galega, ademais de menú do día.
O sobrenome do local débese ao abundante das súas racións. Serve desde zorza e pementos de Padrón ata mariscos. Traballa produtos de mercado e convén reservar.
Situado preto da praia, ademais do típico churrasco tamén serve diversos peixes e carnes e caldo e cocido galego todos os mércores. As ceas de cuadrillas ou de traballo imprimen ambiente ao local.
Mentres se degusta a cociña caseira, na que destacan o polbo e os peixes, pode gozarse do mar a través das súas cristaleiras, que se asoman ao paseo marítimo.
Situado a uns 4 quilómetros do centro de Vilagarcía, no límite co municipio con Caldas de Reis, na estrada a Pontevedra. A súa carta baséase na cociña galega tradicional, utilizando como materias primas produtos de tempada e da zona. Os seus ampilos salóns acollen numerosas celebracións.
Situado a catro quilómetros do centro de Vilagarcía, na saída cara a Pontevedra, este establecemento, cunha longa traxectoria familiar en cociña tradicional, traballa con mariscos, peixes e carnes de primeira calidade. A súa especialidade é o arroz con bogavante.
Localizado a uns dous quilómetros do centro de Vilagarcía, cunha longa traxectoria profesional e unha cociña tradicional con produtos da zona. É particularmente apreciado o churrasco de porco á brasa cunha salsa elaborada pola propia casa.
Situado a pouco máis de 1 quilómetro do centro nun casarón centenario cunha ampla terraza no xardín e na planta superior da casa. Conta con aparcadoiro propio. O establecemento está perfectamente adaptado para persoas con mobilidade reducida. Ofrece cociña tradicional, moderna e de tempada cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos.