Este establecemento pequeno e familiar dominado pola tranquilidade atópase na parroquia vilagarciá de Bamio, ao norte do municipio, ao pé da praia fluvial, distinguida con bandeira azul, e tamén moi próximo á desembocadura do Ulla. Ademais da zona de acampada ofrece bungalós.
Apartamentos turísticos rurais de primeira categoría. O edificio atópase situado moi preto da praia fluvial, con bandeira azul, nunha zona tranquila, a 4km do centro da cidade.
Casa señorial situada no pobo de Carril a escasos 20 metros do mar, xusto fronte a illa de Cortegada. Todas as habitacións están decoradas individualmente.
Está situada nunha tranquila zona de Vilagarcía, chamada Trabanca Sardiñeira. Construída a principios do século XX e reformada en 2016, segue conservando os detalles dunha casa de aldea e mantendo todo o seu encanto.