Tanto no interior deste moderno e orixinal establecemento como na súa coqueta terraza disposta na zona peonil poden degustarse as diferentes e variadas hamburguesas gourmet da súa carta.
Local con máis de 30 anos de experiencia situado na sempre concorrida rúa peonil da Baldosa. Ofrece comida “moi caseira”, como a de antes pero cun toque actual.
Taberna tradicional con máis de trinta e cinco anos de experiencia, en cuxo deseño moderno destaca a madeira, a cor negra e un patio interior rodeado de vexetación. A súa oferta céntrase no tapeo de produtos fríos: embutidos, queixos, patés e conservas.
Situado en plena alameda, este establecemento caracterízase por ser un lugar acolledor e de trato próximo. A súa carta ofrece cociña Tex-Mex, entre outras, elaborada con produtos de primerísima calidade.
Local situado na buliciosa zona da Baldosa, con ampla terraza. Conta cunha variada oferta de viños da zona para acompañar os seus tradicionais e suculentas tapas.
Establecemento de orixinal decoración situado no núcleo comercial e peonil do centro da cidade, con terraza a dúas rúas. Os seus innovadores pratos, que se cambian cada tres meses, poden acompañarse dunha ampla e selecta variedade de viños e cervexas.
Local de coidada decoración náutica e moi acolledor, conta cunha pequena terraza. A súa carta de tapas, racións e sobremesas caseiros baséase na cociña tradicional galega, que pode acompañarse dunha ampla variedade de viños do país.
Local situado en plena avenida da Mariña, de ambiente tranquilo e agradable, no que se poden degustar bos viños acompañados de saborosas tapas, como o lombo asado “ á feira”, e bocadillos.
Localizado na zona peonil do Castro, ofrece unha ampla carta de cociña tradicional cun toque innovador, na que destacan os produtos da ría de Arousa, exquisitas carnes e unha selecta adega.
Pedra, madeira e cristal combínanse neste pequeno establecemento que ofrece unha selección de tapas baseadas en produtos da ría de Arousa, elaborados da forma máis caseira e tradicional. Pódense degustar tanto no seu tranquilo comedor como na súa acolledora terraza.