Este restaurante, situado no porto de Carril e con máis de corenta anos de historia, basea a súa cociña en mariscos e peixes, preparados con arroz ou en cazolas..
Ligado ao Hotel Carril, en pleno paseo marítimo, con ampla terraza e excelentes vistas, o restaurante Plácido ofrece un variado menú degustación segundo a oferta do mercado, elaborado a base de cociña tradicional cun toque moderno.
Situado preto da praia, ademais do típico churrasco tamén serve diversos peixes e carnes e caldo e cocido galego todos os mércores. As ceas de cuadrillas ou de traballo imprimen ambiente ao local.
Mentres se degusta a cociña caseira, na que destacan o polbo e os peixes, pode gozarse do mar a través das súas cristaleiras, que se asoman ao paseo marítimo.
Restaurante de comida tradicional chinesa cunha longa traxectoria (desde 1993). Foi o primeiro destas características na comarca. Situado no centro de Vilagarcía, cunha decoración típica chinesa e ambiente acolledor, as súas especialidades son o arroz tres delicias, os tallarines chineses e o pito con améndoas, todos realizados con produtos locais.