Restaurante acolledor con decoración moderna e excelentes vistas á praia da Concha. Cociña asiática (chinesa e xaponesa) da que destacan pratos como os tallarines en bandexa queimada, sushi, fideos chineses e rolos de primavera.
A suma de ingredientes de primeira calidade e o proceso de elaboración segundo as tradicións da alta gastronomía xaponesa, dá como resultado unha carta repleta de pratos que fan vibrar os sentidos.
Establecemento con terraza situado no centro de Vilagarcía, fronte ao parque de Miguel Hernández, con cociña rápida turca onde poderán degustar kebabs.
Situado na principal rúa peonil de Vilagarcía, cun ambiente informal e familiar. Todas as súas pizzas e lasañas son de elaboración propia e artesá con produtos 100% naturais e de mercado.
Situado a uns 4 quilómetros do centro de Vilagarcía, no límite co municipio con Caldas de Reis, na estrada a Pontevedra. A súa carta baséase na cociña galega tradicional, utilizando como materias primas produtos de tempada e da zona. Os seus ampilos salóns acollen numerosas celebracións.
Situado a catro quilómetros do centro de Vilagarcía, na saída cara a Pontevedra, este establecemento, cunha longa traxectoria familiar en cociña tradicional, traballa con mariscos, peixes e carnes de primeira calidade. A súa especialidade é o arroz con bogavante.
Localizado a uns dous quilómetros do centro de Vilagarcía, cunha longa traxectoria profesional e unha cociña tradicional con produtos da zona. É particularmente apreciado o churrasco de porco á brasa cunha salsa elaborada pola propia casa.
A uns 3 quilómetros do centro sitúase este restaurante asador de decoración e iluminación moderna e vangardista. Da súa cociña castelá e galega realizada en forno de leña destaca o lechazo e o bacoriño, ademais dunha ampla variedade de peixes e mariscos.
Situado a pouco máis de 1 quilómetro do centro nun casarón centenario cunha ampla terraza no xardín e na planta superior da casa. Conta con aparcadoiro propio. O establecemento está perfectamente adaptado para persoas con mobilidade reducida. Ofrece cociña tradicional, moderna e de tempada cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos.