Tag

Restaurantes

Pensión Derby PR

/ / /
Establecemento situado no centro da cidade, na rúa Rey Daviña, a principal arteria peonil e comercial.
 Posada Del Mar

Posada del Mar

/ / /
Situado en pleno paseo marítimo, na vila de Carril, polo que ofrece unhas magníficas vistas sobre a Ría de Arousa.

Camping Río Ulla
Camping de 2ª Categoría

/ / /
Este establecemento pequeno e familiar dominado pola tranquilidade atópase na parroquia vilagarciá de Bamio, ao norte do municipio, ao pé da praia fluvial, distinguida con bandeira azul, e tamén moi próximo á desembocadura do Ulla. Ademais da zona de acampada ofrece bungalós.

Apartamentos Turísticos Río Ulla
Tres chaves

/ / /
Apartamentos turísticos rurais de primeira categoría. O edificio atópase situado moi preto da praia fluvial, con bandeira azul, nunha zona tranquila, a 4km do centro da cidade.

Turismo Rural Casaldomar
Turismo Rural – Grupo B

/ / /
Casa señorial situada no pobo de Carril a escasos 20 metros do mar, xusto fronte a illa de Cortegada. Todas as habitacións están decoradas individualmente.
Hotel Casa Dos Cancelos

Turismo Rural Os Cancelos
Casa de labranza – Grupo C

/ / /
Está situada nunha tranquila zona de Vilagarcía, chamada Trabanca Sardiñeira. Construída a principios do século XX e reformada en 2016, segue conservando os detalles dunha casa de aldea e mantendo todo o seu encanto.
1 7 8 9
X