Situado na zona peonil. Conta cunha ampla terraza e destaca polo seu ambiente tranquilo e a súa variada carta, na que o polbo, as luras o xamón asado e a tortilla son as súas especialidades.
Local situado na zona peonil do Castro, así que dispón dunha pequena terraza. Destaca pola tortilla e os callos que ofrece especialmente os días en que se celebra o mercado rueiro (martes e sábados).
Gastrotaberna situada na zona peonil da Baldosa, con decoración retro-industrial no que predomina o uso da madeira e o ferro combinándoo coa pedra vista. Posúe unha cociña aberta na que prima a calidade do produto.