Tag

Tostas
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Village Bakery

Village Bakery

/ / / / /
Este establecemento de ambiente tranquilo e relaxado, de decoración vintage europea, está especializado en almorzos de autor e en bebidas naturais e frescas.

A Esmorga

/ / / / / /
Esta casa centenaria restaurada atópase a pé de praia xunto ao paseo marítimo. Posúe unha terraza que ofrece unha das mellores vistas sobre a baía. Ameixas de Carril, tostas, albariños e cervexas son o mellor complemento para gozalas.
Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Villa Vinos

Villa Vinos

/ / / /
Local situado en plena avenida da Mariña, de ambiente tranquilo e agradable, no que se poden degustar bos viños acompañados de saborosas tapas, como o lombo asado “ á feira”, e bocadillos.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Xuntanza

Xuntanza

/ / / / /
Localizado no centro histórico da vila, en plena zona peonil, polo que dispón dunha sosegada terraza. Na súa carta conta cunha ampla variedade de tapas ademais de menú do día. Ofrecen un trato moi personalizado.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Trastero

El Trastero Bar

/ / / / /
Local de decoración actual cun toque escandinavo, de ambiente agradable e relaxado, onde gozar desde un café ou coidados pratos a refrescantes cócteles e combinados, tanto no interior do establecemento como na súa tranquila terraza, situada na zona peonil.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Café Del Alma

Café del alma

/ / / /
Situado en pleno paseo marítimo, cunha ampla terraza con vistas á praia da Concha e a ría de Arousa, ofrece unha cociña tradicional con especialidades como a tosta de cogomelos, ovo de paspallás e xamón ibérico, ou a revolto da alma.
X