Durmir nunha habitación que outrora pisaron damas e fidalgos, ou ben nunha modernísima estancia. Quizá prefira, en cambio, unha casa rural, con todo o sabor de antano, un cámping a beiras do río, ou mesmo, por que non, unha modesta pensión. Quéreo no centro da cidade, no campo ou quizá ao pé do paseo marítimo? Sexa o que sexa, en Vilagarcía atopará a resposta. Para todos os gustos, de todos os prezos. Pero, en calquera caso, felices soños garantidos.