Vilagarcía Almorzos e merendas

Vilagarcia Turismo > Vivila para coñecela > Gastronomía > Vilagarcía Almorzos e merendas
Vivirla para conocerla, gastronomía

Almorzar e merendar nun local hostaleiro está de moda. E Vilagarcía non podía quedar á marxe. Á sombra desta tendencia, abriron as súas portas locais nos que é posible almorzar como un auténtico rei ou merendar con calma en compañía. Atoparemos entre eles opcións para todos os gustos: desde torradas de pan tradicional, de sementes ou de multicereais e as máis variadas exquisiteces de brownies, cookies ou xeados ata opcións salgadas pasando por froitas e batidos que conseguirán satisfacer calquera capricho que o padal nos pida.

Gastronomía Vilagarcía Desayunos Yoli

Pastelería Cafetería Yoli

/ / / /
Local situado en plena zona peonil cunha traxectoria de 30 anos. Utiliza produtos de primeira calidade, coidando o proceso de elaboración, que se realiza de forma artesanal e en obradoiro propio. Destacan entre os seus produtos o pan, os bolos, os pasteis e os bombóns, todo artesán.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Village Bakery

Village Bakery

/ / / / /
Este establecemento de ambiente tranquilo e relaxado, de decoración vintage europea, está especializado en almorzos de autor e en bebidas naturais e frescas.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Granier

Granier

/ /
Con terraza na praza de Galicia, a principal da cidade, este establecemento ofrece unha variada selección de produtos doces e salgados para degustar acompañados dun bo café, tanto de mañá como de tarde.
Gastronomía Vilagarcía Desayuno Helado Secreto

Helado Secreto

/ / /
Este pequeno establecemento elabora os seus propios xeados de estilo italiano con produtos naturais e leite fresco. Ofrece unha ampla e orixinal variedade de gofres, crepes e cookies artesanais, e igualmente vasos de nata aos que é posible engadirlle froitas frescas, froitos secos, xeados, compotas, nutella, nata ou chocolate quente. No verán poden gozarse todas […]
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Vilagarcía

Cafetería Vilagarcía

/ /
Con terraza na rúa A Baldosa, este establecemento destaca polos seus churros de elaboración caseira.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Gretel

Grettel

/
Os tradicionais produtos da pastelería-panadería Alonso, na nosa cidade desde 1947, poden ser agora degustados nesta cafetería especializada en almorzos, situada en plena rúa peonil da Baldosa.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Estocolmo

Stocolmo 2.0

/ / /
Situado no núcleo social e comercial da vila, con terraza en dúas das rúas peonís. Trátase dun establecemento de decoración retroindustrial, moderno e de detalles moi coidados. Están especializados en cafés e vermús.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Diúrno

Diurno

/ / /
Establecemento de ambiente casual e confortable, nunha rúa peonil e tranquila no centro de Vilagarcía, cunha coidada decoración. Ofrece almorzos elaborados con produtos naturais e frescos como os happy bowls, a tosta de sandía, crepes con iogur e froitas. Cócteles a calquera hora do día, con ou sen alcol. Tamén é moi popular o seu […]
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Tertulia

Tertulia

/ / / / / /
Establecemento familiar de ambiente tranquilo e coidada decoración localizado na sempre concorrida Alameda. Na súa carta destacan os cafés especiais e chocolates quentes “con mensaxe”, zumes de froita fresca, batidos recentemente feitos e unha gran variedade de selectas infusións. Entre as súas especialidades sobresaen as tostas de pan de bola con tomate, xamón serrano, aceite […]
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Boutique Pan

A boutique do pan

/ / / / / /
Pastelería artesá de decoración moderna. De ambiente moi familiar, conta cun parque infantil para os máis pequenos.
X