Ruta Castro Alobre

Poucas veces un xacemento arqueolóxico ofrece tantas posibilidades.
Vivirla para conocerla, visitar

Poucas veces un xacemento arqueolóxico ofrece tantas posibilidades. A un paso do centro urbano, ao pé da ría e do río, e xunto a un pazo do século XVI e unha igrexa e convento do XVII, o Castro de Alobre convida a facer unha fantástica viaxe a través do tempo: desde a cultura castrexa ao Medievo, pasando pola romanización.

No Castro de Alobre é posible achegarse ás primeiras formas de comercio marítimo, orixe do actual porto de Vilagarcía; coñecer a máis antiga telleira do Noroeste peninsular e deixar voar a imaxinación ao redor de mitos e lendas como as do túnel de dona Urraca, que supostamente conectaba o convento de Vistalegre co castelo de Lobeira, ou o misterioso asasinato dun neno, sen deixar de pensar en Neptuno, deus do mar, ou o vello “camiño real” que unía Cambados con Iria Flavia, final do traxecto dos restos do apóstolo Santiago.

O Castro de Alobre é, en definitiva, un lugar da memoria. Da memoria dunha cidade que ten, precisamente neste lugar, a explicación de moitas das súas características actuais.

 

X