Ruta marisqueira

A asociación de mariscadoras Amarcarril puxo en marcha unha ruta na que o visitante coñece de primeira man e a pé de viveiro en que consiste o marisqueo.
Vivirla para conocerla, visitar

Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, como portos de mar que son e así naceron, teñen tras de si unha longa tradición marisqueira. Especialmente a segunda, Carril, que deu nome e fama ás súas ameixas. A asociación de mariscadoras Amarcarril puxo en marcha unha ruta na que o visitante coñece de primeira man e a pé de viveiro en que consiste o marisqueo, cales son as características dos bivalvos que se extraen, que artes se utilizan, e cal é o proceso vital e comercial que segue unha ameixa ou un berberecho desde que se sementa ata que chega á súa mesa.

Durante a visita os participantes dispoñen do material necesario para poder levar a cabo unha sesión de práctica de marisqueo nos parques de cultivo, co apoio das propias mariscadoras, que exercen como monitoras. A visita ten unha duración dunha hora e pode completarse cunha degustación de ameixa.

amarcarril

X