Novo Batel destaca non só pola gran variedade de bocadillos, senón tamén polo seu tamaño. Especial mención ten o seu famoso 4 XL, elaborado mediante encargo para compartir, ou para aquel que estea disposto a aceptar o reto de terminarllo enteiro nunha hora.
Situado nas proximidades do Castro, dispón de terraza nunha zona céntrica e peonil. Tal e como o seu nome indícanos, trátase dun pequeno establecemento onde degustar boas tapas e variados bocadillos.
Tanto no interior deste moderno e orixinal establecemento como na súa coqueta terraza disposta na zona peonil poden degustarse as diferentes e variadas hamburguesas gourmet da súa carta.
Local situado na buliciosa zona da Baldosa, con ampla terraza. Conta cunha variada oferta de viños da zona para acompañar os seus tradicionais e suculentas tapas.
Establecemento de orixinal decoración situado no núcleo comercial e peonil do centro da cidade, con terraza a dúas rúas. Os seus innovadores pratos, que se cambian cada tres meses, poden acompañarse dunha ampla e selecta variedade de viños e cervexas.
Localizado na zona peonil do Castro, ofrece unha ampla carta de cociña tradicional cun toque innovador, na que destacan os produtos da ría de Arousa, exquisitas carnes e unha selecta adega.
Pedra, madeira e cristal combínanse neste pequeno establecemento que ofrece unha selección de tapas baseadas en produtos da ría de Arousa, elaborados da forma máis caseira e tradicional. Pódense degustar tanto no seu tranquilo comedor como na súa acolledora terraza.