Tag

Cafeterías
Gastronomía Vilagarcía Taperías Mareas Vivas

Mareas Vivas

/ / /
Local situado na zona peonil do Castro, así que dispón dunha pequena terraza. Destaca pola tortilla e os callos que ofrece especialmente os días en que se celebra o mercado rueiro (martes e sábados).

As Eiras (Mesón)

/ / / / / / /
Situado preto da praia, de decoración rústica e ambiente familiar, ofrece entre as súas especialidades ameixas á mariñeira, peixes frescos, luras e chopos, entre outras delicias do mar.

Flora (Bodegón)

/ / / / / /
Establecemento cunha decoración típica de bodegón con madeira e barrís e un escudo en pedra de Vilaxoán, cun ambiente moi familiar e acolledor. Entre a súa cociña caseira e tradicional destacan a empanada do sábado e os callos do domingo. Dispón de xoguetes para os máis pequenos.

Loxe Mareiro (Restaurante)

/ / / / / /
Casa de comidas mariñeira acolledora de sinxelo ambiente rústico-actual, situado ao bordo da ría de Arousa, con terraza no paseo marítimo.

Loliña (mariscaría)

/ / / /
Con vistas sobre a ría e a Illa de Cortegada, ofrece unha ampla carta mariscos, peixes e ameixas de Carril en varias preparacións.

Casa Bóveda (mariscaría)

/ / / / /
Este restaurante, situado nunha casa centenaria fronte ao porto, ofrece unha ampla carta de produtos tradicionais e frescos.

Luchana (Mariscaría)

/ / / / /
A súa cociña tradicional xira ao redor dos arroces e guisos con moluscos e peixes da zona.

Furruxa (mariscaría)

/ / / /
Este restaurante, situado no porto de Carril e con máis de corenta anos de historia, basea a súa cociña en mariscos e peixes, preparados con arroz ou en cazolas..

Plácido (restaurante)

/ /
Ligado ao Hotel Carril, en pleno paseo marítimo, con ampla terraza e excelentes vistas, o restaurante Plácido ofrece un variado menú degustación segundo a oferta do mercado, elaborado a base de cociña tradicional cun toque moderno.

Churrasco a ría (asador)

/ / / / /
Situado preto da praia, ademais do típico churrasco tamén serve diversos peixes e carnes e caldo e cocido galego todos os mércores. As ceas de cuadrillas ou de traballo imprimen ambiente ao local.
1 2 3 4 5 6 7
X