Vilagarcía Tapeo

Vivirla para conocerla, gastronomía

As zonas de tapeo en Vilagarcía cidade, practicamente coinciden coas que se citan no capítulo “Saír”. Así, só na contorna da Baldosa, O Castro, Juan García e a Alameda, o viaxeiro ten unha trintena de bares onde escoller. As socorridas luras, polbo, pementos de Padrón, luriñas ou peixes fritos comparten carta con outras tapas máis elaboradas. Ademais dos lugares citados, tamén no centro comercial Arousa e as súas rúas contiguas atopará bares onde tomarse unhas tapas e gozar dun bo viño da terra. E o mesmo pode dicirse da zona de Méndez Núñez, a avenida da Mariña, a praza de Ravella ou a rúa do doutor Moreira Casal.

Taperías

Gastronomía Vilagarcía Taperías Parra Julián

La Parra de Julián

/ / / /
Localizado na zona peonil do Castro, ofrece unha ampla carta de cociña tradicional cun toque innovador, na que destacan os produtos da ría de Arousa, exquisitas carnes e unha selecta adega.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Alobre

Casa de Xantar Alobre

/ / / /
Pedra, madeira e cristal combínanse neste pequeno establecemento que ofrece unha selección de tapas baseadas en produtos da ría de Arousa, elaborados da forma máis caseira e tradicional. Pódense degustar tanto no seu tranquilo comedor como na súa acolledora terraza.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Tablizo

Tablizo

/ /
Local con terraza a dúas rúas do centro histórico da cidade, ofrece unha gran variedade de tapas
Gastronomía Vilagarcía Taperías Xuntanza

Xuntanza

/ / / / /
Localizado no centro histórico da vila, en plena zona peonil, polo que dispón dunha sosegada terraza. Na súa carta conta cunha ampla variedade de tapas ademais de menú do día. Ofrecen un trato moi personalizado.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Mareas Vivas

Mareas Vivas

/ / /
Local situado na zona peonil do Castro, así que dispón dunha pequena terraza. Destaca pola tortilla e os callos que ofrece especialmente os días en que se celebra o mercado rueiro (martes e sábados).
Gastronomía Vilagarcía Taperías Churruca

Churruca (Gastrotaberna)

/ / /
Gastrotaberna situada na zona peonil da Baldosa, con decoración retro-industrial no que predomina o uso da madeira e o ferro combinándoo coa pedra vista. Posúe unha cociña aberta na que prima a calidade do produto.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Marimorena

La Marimorena

/ /
Destaca pola súa cociña moderna e elaborada con produto de calidade. A decoración tanto do seu interior como a súa terraza mostra coidados detalles e ofrece un ambiente acolledor de trato familiar e persoal. Atópase na zona da Baldosa, rúa céntrica, peonil e moi animada.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Baldosa

A Baldosa

/ / / /
Entre as especialidades deste establecemento destacan as carnes e os arroces. Conta cunha ampla terraza, xa que se atopa situado en plena zona peonil nunha das rúas máis buliciosas e clásicas de viños e tapas
Gastronomía Vilagarcía Taperías Bar De Co

El Bar de Co

/ / / /
Cun amplo comedor na primeira planta e terraza na rúa peonil da Baldosa, este establecemento ofrece comida caseira de elaboración propia, destacando a súa hamburguesa gourmet, o marisco da ría e carnes 100x100 galegas.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Trastero

El Trastero Bar

/ / / / /
Local de decoración actual cun toque escandinavo, de ambiente agradable e relaxado, onde gozar desde un café ou coidados pratos a refrescantes cócteles e combinados, tanto no interior do establecemento como na súa tranquila terraza, situada na zona peonil.
Gastronomía Vilagarcía Taperías DMaría

D’María

/ / /
En plena zona peonil do centro de Vilagarcía, este pequeno establecemento destaca polo seu ambiente agradable e familiar. Os seus abundantes pratos son elaborados cun toque moi tradicional, destacando da súa carta as “cazolas”. Polo seu emprazamento conta tamén con terraza.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Taller Olvido

Taller del Olvido

/ / /
Pequeno local de coidada decoración situado nunha zona peonil. Este establecemento ofrece produtos e alimentos tradicionais cunha preparación moderna e actual, entre os que destacan o crujiente de lagostinos e os tacos.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Doña Tapa

Doña Tapa

/ / / /
Con terraza en zona peonil, este pequeno e bulicioso establecemento ofrece gran variedade de tapas elaboradas con produtos da zona e unha ampla carta de viños.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Misterio

O Misterio

/ /
Desde tapas orixinais elaboradas con produtos locais a outras máis internacionais, isto é o que ofrece a súa carta. As presentacións dos seus pratos son coidadas e singulares e poden gozarse tanto no interior do local como na súa relaxada terraza, aberta á zona peonil.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Moreiras

As Moreiras

/ / / /
Establecemento de ambiente local, familiar e agradable con acolledora e sombreada terraza. Da súa cociña caseira, de mercado e de tempada destacan as empanadas de chopo e polbo.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Gambrinus

Gambrinus

/ / / / /
Tapería situada no interior de Centro Comercial Arousa cun ambiente familiar e relaxado e unha variada carta na que destacan as hamburguesa de tenreira de 180 gr, a suprema de tenreira, a de pito, racións, tortillas, tostas, ensaladas e sobremesas caseiros, de elaboración propia con produtos frescos

Andaina

/ / /
Establecemento amplo e luminoso, de ambientación cálida e acolledora, destaca polo seu trato amable e próximo. Carta ampla e variada elaborada con produtos de mercado.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Café Del Alma

Café del alma

/ / / /
Situado en pleno paseo marítimo, cunha ampla terraza con vistas á praia da Concha e a ría de Arousa, ofrece unha cociña tradicional con especialidades como a tosta de cogomelos, ovo de paspallás e xamón ibérico, ou a revolto da alma.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Picoteo

El Picoteo

/ /
Establecemento con decoración tipo vinoteca de ambiente agradable e trato próximo. As súas exquisitas receitas tradúcense nunha selección de tapas e racións entre as que destacan a tortilla, a ensalada da casa, as luras á romana, o raxo, os mexillóns ao vapor ou os pementos de Padrón
Gastronomía Vilagarcía Taperías De Mercado

Demercado

/ / / /
Local asentado na zona peonil que traballa con suxestións elaboradas con produtos frescos do mercado, mariscos e peixes da ría.

Vinotecas

Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Xose's

Xoxe’s

/ / / / /
Local con máis de 30 anos de experiencia situado na sempre concorrida rúa peonil da Baldosa. Ofrece comida “moi caseira”, como a de antes pero cun toque actual.
Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Arcos

Adega Os Arcos

/ / / / /
Taberna tradicional con máis de trinta e cinco anos de experiencia, en cuxo deseño moderno destaca a madeira, a cor negra e un patio interior rodeado de vexetación. A súa oferta céntrase no tapeo de produtos fríos: embutidos, queixos, patés e conservas.
Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Malquerida

La Malquerida

/ / /
Situado en plena alameda, este establecemento caracterízase por ser un lugar acolledor e de trato próximo. A súa carta ofrece cociña Tex-Mex, entre outras, elaborada con produtos de primerísima calidade.
Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Insuíña

Insuíña

/ /
Local situado na buliciosa zona da Baldosa, con ampla terraza. Conta cunha variada oferta de viños da zona para acompañar os seus tradicionais e suculentas tapas.
Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Derby

Derby

/ / / / / /
Establecemento de orixinal decoración situado no núcleo comercial e peonil do centro da cidade, con terraza a dúas rúas. Os seus innovadores pratos, que se cambian cada tres meses, poden acompañarse dunha ampla e selecta variedade de viños e cervexas.
Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Pepe Quilé

Pepe Quilé

/ / /
Local de coidada decoración náutica e moi acolledor, conta cunha pequena terraza. A súa carta de tapas, racións e sobremesas caseiros baséase na cociña tradicional galega, que pode acompañarse dunha ampla variedade de viños do país.
Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Villa Vinos

Villa Vinos

/ / / /
Local situado en plena avenida da Mariña, de ambiente tranquilo e agradable, no que se poden degustar bos viños acompañados de saborosas tapas, como o lombo asado “ á feira”, e bocadillos.

Bocaterías

La Urbana

/
Situado en centro comercial de la villa, su carta se compone de tapas, ensaladas variadas, platos combinados, hamburguesas, sándwiches, bocadillos, focaccias, menús infantiles y gran variedad de helados y postres caseros.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterías Curruncho

O Curruncho

/ / /
Situado nas proximidades do Castro, dispón de terraza nunha zona céntrica e peonil. Tal e como o seu nome indícanos, trátase dun pequeno establecemento onde degustar boas tapas e variados bocadillos.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterías A Vila

A Vila

/ / / / / / / / /
Situado na zona peonil. Conta cunha ampla terraza e destaca polo seu ambiente tranquilo e a súa variada carta, na que o polbo, as luras o xamón asado e a tortilla son as súas especialidades.

El Chirinjito

/ / / / / / /
Situado en centro comercial de la villa, su carta se compone de tapas, ensaladas variadas, platos combinados, hamburguesas, sándwiches, bocadillos, focaccias, menús infantiles y gran variedad de helados y postres caseros.

El Flaco

/ / / /
Situado en centro comercial de la villa, su carta se compone de tapas, ensaladas variadas, platos combinados, hamburguesas, sándwiches, bocadillos, focaccias, menús infantiles y gran variedad de helados y postres caseros.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterías Vinitos

Vinitos

/ / / / / /
Situado moi preto do centro peonil. De ambiente agradable e acolledor, este local emite eventos deportivos, especialmente no inverno.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterías Tapeo

O Tapeo

/ /
En pleno corazón da Alameda, este establecemento ofrece unha gran variedade de bocadillos que ademais poden gozarse na súa tranquila terraza.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterías Jardín

Burguer Xardín

/ / / /
Situado nunha zona peonil fronte a unha praza tranquila no centro de Vilagarcía. De ambiente familiar, este establecemento conta cunha longa traxectoria profesional.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterías Tranquilo

Tranquilo

/ / / /
Este establecemento de ambiente familiar ofrece unha cociña de elaboración propia con produtos frescos.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterías El Paso

El Paso

/ / / / / / /
Establecemento situado fronte á estación do ferrocarril, de ambiente moi familiar e confortable. A súa cociña tradicional caseira ofrece tapas de luriñas e xamón asado, ensalada rusa, pementos de Padrón e bocadillos XL.

Madia Leva

/
Situado en centro comercial de la villa, su carta se compone de tapas, ensaladas variadas, platos combinados, hamburguesas, sándwiches, bocadillos, focaccias, menús infantiles y gran variedad de helados y postres caseros.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterias Bo Viño

Bodegón do bo viño

/ / /
Bodegón de ambiente agradable onde gozar de comida caseira ou dunhas copas durante as fins de semana. Os seus pratos, de elaboración tradicional, poden degustarse acompañados, entre outros, de viño do país e Ribeiro.

Mezclum

/ / / /
Situado en centro comercial de la villa, su carta se compone de tapas, ensaladas variadas, platos combinados, hamburguesas, sándwiches, bocadillos, focaccias, menús infantiles y gran variedad de helados y postres caseros.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterías Faster

Faster meals

/ / / /
Situado no centro comercial da vila, a súa carta componse de tapas, ensaladas variadas, pratos combinados, hamburguesas, sándwiches, bocadillos, focaccias, menús infantís e gran variedade de xeados e sobremesas caseiros.
Gastronomía Vilagarcía Bocaterías La Pepita

La Pepita

/ / / / / / /
Tanto no interior deste moderno e orixinal establecemento como na súa coqueta terraza disposta na zona peonil poden degustarse as diferentes e variadas hamburguesas gourmet da súa carta.
X