Carril Restauración

Vivirla para conocerla, gastronomía

É sen dúbida a capital do bo comer en Vilagarcía de Arousa. Na contorna da Praza da Liberdade, a Alameda e o paseo marítimo, sempre con vistas ao mar, ou nas inmediacións da avenida Rosalía de Castro, o visitante ten un bo número de mariscarías ou restaurantes tipo polbeira, asador ou casa de comidas entre os que elixir. E a elección non será fácil.

As ameixas son aquí un manxar case obrigado. Pero hai moitos outros pratos, todos cunha característica común: a calidade da materia prima e a esmerada preparación. Na carta de viños atopará todos o galegos –albariño, ribeiro e godello, entre os brancos; mencía e caíño, entre o tintos- pero tamén calquera denominación de orixe española.

Cociña tradicional

Loliña (mariscaría)

/ / / /
Con vistas sobre a ría e a Illa de Cortegada, ofrece unha ampla carta mariscos, peixes e ameixas de Carril en varias preparacións.

Casa Bóveda (mariscaría)

/ / / / /
Este restaurante, situado nunha casa centenaria fronte ao porto, ofrece unha ampla carta de produtos tradicionais e frescos.

Luchana (Mariscaría)

/ / / / /
A súa cociña tradicional xira ao redor dos arroces e guisos con moluscos e peixes da zona.

Furruxa (mariscaría)

/ / / /
Este restaurante, situado no porto de Carril e con máis de corenta anos de historia, basea a súa cociña en mariscos e peixes, preparados con arroz ou en cazolas..

Plácido (restaurante)

/ /
Ligado ao Hotel Carril, en pleno paseo marítimo, con ampla terraza e excelentes vistas, o restaurante Plácido ofrece un variado menú degustación segundo a oferta do mercado, elaborado a base de cociña tradicional cun toque moderno.

Churrasco a ría (asador)

/ / / / /
Situado preto da praia, ademais do típico churrasco tamén serve diversos peixes e carnes e caldo e cocido galego todos os mércores. As ceas de cuadrillas ou de traballo imprimen ambiente ao local.

Suso (Pulpería)

/ / / / /
Mentres se degusta a cociña caseira, na que destacan o polbo e os peixes, pode gozarse do mar a través das súas cristaleiras, que se asoman ao paseo marítimo.

Las Arenas (Casa de Comidas)

/ / / / /
Próximo á praia e ao centro da vila, este restaurante ofrece habitualmente un menú do día con tres ou catros primeiros e segundos pratos a escoller.

Cociña de mercado

Loxe Mareiro (Restaurante)

/ / / / / /
Casa de comidas mariñeira acolledora de sinxelo ambiente rústico-actual, situado ao bordo da ría de Arousa, con terraza no paseo marítimo.
X