Coñecer a Vilagarcía máis rural dunha forma relaxada e tranquila é posible grazas ás rutas dacabalo que discorren polos camiños e carreiros habilitados polas zonas de bosque.
Este itinerario circular e autoguiado percorre a Vilagarcía máis esencial nun paseo curto e entretido a través de 11 paradas imprescindibles perfectamente sinalizadas, que nos permiten descubrir o conxunto urbano do municipio.
A un paso do centro urbano, ao pé da ría e do río, e xunto a un pazo do século XVI e unha igrexa e convento do XVII, o Castro de Alobre convida a facer unha fantástica viaxe a través do tempo: desde a cultura castrexa ao Medievo, pasando pola romanización.
Este itinerario autoguiado permítenos adentrarnos na Vilagarcía menos coñecida, a través de 47 obras de arte talladas en pedra diseminadas polas zonas máis rurais do municipio.
Rubiáns ostenta a distinción de “Xardín de excelencia Internacional da Camelia”. O pazo é visitable durante todo o ano previa reserva. Pode facerse de forma libre ou guiada.
Realiza un percorrido guiado polos espazos máis emblemáticos do centro de Vilagarcía. As súas prazas, rúas, parques, igrexas e pazos máis urbanos achégannos á historia da vila.
Que mellor escusa que perderse polas rúas da vila seguindo o itinerario trazado polos bares que participan nesta ruta gastronómica que se celebra dúas veces ao ano.
Permite ao turista visitar varias adegas da comarca de moi diverso carácter: familiares, cooperativas, urbanas, históricas, artesanais... En todas elas poderá degustar o viño, tamén as súas augardentes.
Esta ruta recrea o camiño que realizou Frei Martín Sarmiento en 1745 para gañar o xubileu. Un carreiro de algo máis de 170 quilómetros que percorre toda costa sur da ría de Arousa, penétrase no río Ulla e desde Padrón encamíñase cara a Santiago de Compostela.
O corpo do Apóstolo Santiago foi traído desde Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, preto de Padrón, desde onde foi conducido a Compostela. A ruta marítima-fluvial xacobea conmemora, precisamente, esta lenda.