Pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas desde 2002, o espazo natural de Cortegada ten unha superficie de case 42 hectáreas, das cales 39 corresponden á illa propiamente dita e o resto aos illotes de Malveiras, Briñas e Con.
Gozar dun paseo nun antigo galeón a vela pola ría de Arousa, e máis concretamente pola contorna da Illa de Cortegada, é posible grazas á colaboración entre a Concellería de Medio Ambiente e a asociación Rompetimóns.
A empresa Alvamar ofrece catro diferentes propostas para coñecer outros tantos sistemas produtivos de pesca e marisqueo, mesmo coa posibilidade da súa degustación.
A experiencia 360 é outro modo de coñecer os principais recursos turísticos de Vilaxoán, desde a igrexa e pazo de Sobrán ata as antigas saíñas do Rial. Tamén poderá adentrarse no centro histórico ou subirse a unha batea de mexillón. Pulse e déixese levar.
A contorna de Carril e Cortegada é o escenario deste itinerario autoguiado. O roteiro consta de cinco paneis desde os que, á súa vez, pode acceder a unha audioguía, ao vídeo promocional e á relación de empresas que organizan experiencias arredor do turismo mariñeiro.
A liña de costa que une Vilaxoán, Vilagarcía e Carril protagoniza este roteiro autoguiado. Cada panel posúe un código QR que lle dará acceso ás audioguías, ao vídeo promocional e ao catálogo de empresas que ofrecen experiencias en torno ao turismo mariñeiro.
A asociación de mariscadoras Amarcarril puxo en marcha unha ruta na que o visitante coñece de primeira man e a pé de viveiro en que consiste o marisqueo.
Mergullarse ata o fondo, no sentido literal da palabra, descubrindo ata o último secreto da vida mariña e restos de barcos afundidos en Arousa é posible en Vilagarcía.