Calquera época é boa para coñecer Vilagarcía. Sexa verán ou inverno, primavera ou outono, sempre a verá en cor. Co azul das rutas marítimas e marisqueiras; co verde das rutas de sendeirismo, a pé ou en bicicleta; co reflexo dourado do granito de pazos e igrexas; coa pátina que ofrecen os petróglifos ou as escavacións dos castros; cos ocres, verdes e vermellos que adornan as viñas segundo a estación; coa infinidade de cores e aromas que locen os parques e xardíns en calquera momento. Vilagarcía é mar pero tamén campo e monte. Imos de ruta?