Se unimos “mar” a “Compostela”, ademais dun suxestivo lema turístico, atoparemos a explicación ao rico patrimonio histórico-artístico de Vilagarcía. Fenicios, romanos, visigodos, normandos… a poucos pobos pasou inadvertida nosa cidade. Petróglifos, castros, pazos, capelas, igrexas, muíños, pontes e fontes están aí para lembrarnos como empezou todo, como Vilagarcía comezou sendo un pequeno porto de pescadores para chegar a ser hoxe unha cidade con empuxe pero respectuosa coas súas orixes. Unha cidade na que o pasado ten moito futuro.